InicioCentralFozO PP de Foz non apoiará o pagamento das facturas de 2025...

O PP de Foz non apoiará o pagamento das facturas de 2025 se non hai orzamentos para 2026

A concelleira popular Laura Riveira sinala que “dende o Partido Popular de Foz estamos asombrados da incapacidade na xestión económica do señor Cajoto e da señora Couto, que teñen unha mente insaciable no gasto municipal que logo resolven con chantaxe emocional e manipulación ás empresas e á propia oposición”

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Foz manifesta a súa preocupación pola situación económica do Concello e critica duramente a xestión do goberno local.

A concelleira popular Laura Riveira sinala que “dende o Partido Popular de Foz estamos asombrados da incapacidade na xestión económica do señor Cajoto e da señora Couto, que teñen unha mente insaciable no gasto municipal que logo resolven con chantaxe emocional e manipulación ás empresas e á propia oposición”.

Os populares lembran que xa advertiran hai un ano das consecuencias desta política económica, cando o goberno levou a aprobación de máis de 800.000 euros en facturas de exercicios anteriores. Segundo indican, esta situación acabou desestabilizando os orzamentos prorrogados, que tiveron que ser suplementados en novembro con 1,3 millóns de euros para poder facer fronte aos pagos.

Pois volve ás andadas e repítese a historia”, afirma Riveira, quen explica que o alcalde vén de informar da súa intención de levar ao pleno un novo recoñecemento extraxudicial de crédito por máis de 450.000 euros correspondentes a facturas do ano pasado.

Para o PP isto evidencia “o auténtico desastre e descontrol no gasto no que está sumido este goberno, que parece encantado en non aprobar os orzamentos porque, para o que miran para eles, mellor seguir cos prorrogados ao puro estilo Pedro Sánchez”.

Neste contexto, Laura Riveira lanza unha advertencia clara: “sen orzamentos do 2026 non aprobaremos ningunha factura máis do 2025. Estamos cansos e indignados de ser os ‘pagafantas’ de Cajoto”.

Ademais, lembra que esta postura non é nova: “dende o Partido Popular xa llo dixemos o ano pasado: ata aquí chegamos. Se non hai orzamentos do 2026 non aprobaremos facturas do ano anterior”. A concelleira engade que esta obriga está recollida no plan económico-financeiro aprobado polo propio goberno, “que non está cumprindo”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...