InicioCentralFozO goberno local de Foz critica as denuncias do PP sobre o...

O goberno local de Foz critica as denuncias do PP sobre o deterioro en zonas do paseo marítimo

O PP reclamou a revisión da ponte da Ronqueira, desde a praia da Rapadoira até a de Llas

Publicada o

- Advertisement -

A primeira tenente de alcalde de Foz, Inés López Couto, criticou que o PP local denunciase o mal estado da ponte en Ollo do Mar, no paseo marítimo. Segundo López Couto denuncia que o PP “en lugar de avisar ao Concello, envía unha nota de prensa, débelle parecer máis operativo”. 

A responsable municipal sinala que a “Policía Local e operarios da brigada de obras xa acudiron ao para revisar o estado da ponte e este mércores xa quedou arranxada a varanda que tiña esta incidencia”.

López Couto aproveitou para sinalar a Portos de Galicia “xa que esta pasada Semana Santa a Policía Local avisou dunhas soltas no paseo de Praza Conde de Fontao que provocaron unha caída”. A pasarela, din desde o Concello de Foz, é de competencia autonómica (Portos de Galicia) mais “tivo que ser arranxada polo Concello”.

Inés López Couto tamén aclara que “en canto ao paseo de Cangas, este goberno tómase moi en serio os perigos reais para a cidadanía” logo dunha serie de desprendementos neste lugar. Así, en 2025 publicouse o proxecto no BOE para a reparación o que mantén cortada ao tránsito peonil esa zona.

AS DENUNCIAS DO PP
Todo isto prodúcese logo de que o PP reclamase a revisión da ponte da Ronqueira, desde a praia da Rapadoira até a de Llas. “Entendemos que é importante que o equipo de goberno atenda esta petición para intentar garantir o risco 0 para os usuarios” á vista de que “nos últimos días estaba bastante solta unha das varandas”, expuxo o portavoz ‘popular’ de Foz, Javier Castiñeira.

Castiñeira tamén se pronunciou sobre “o caso de Cangas” que considera “flagrante” porque “leva anos así e o alcalde debe pensar que con cortar o paseo xa se soluciona todo”. Javier Castiñeira mantén que o Concello deber revisar o estado dos paseos costeiros e trasladar á Dirección General de Costas del Estado as deficiencias existentes.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...