InicioCentralFozFoz presenta o cartel e programa da XXIV Festa do Berberecho

Foz presenta o cartel e programa da XXIV Festa do Berberecho

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen destacou que é “un evento no que a colaboración da Escola de Hostalería do IES de Foz é indispensable: as elaboracións de berberechos e mexillóns que se degustarán son realizadas polo alumnado do centro, o que é un orgullo para o pobo de Foz"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz presentou o cartel e o programa da XXIV Festa do Berberecho, molusco coñecido como chícaro en Foz. Esta festa de exaltación gastronómica realizarase o vindeiro 11 de abril.

Na presentación estiveron a directora do IES de Foz, Leticia Maseda; o presidente da ACIA local, José Carlos Paleo; o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen destacou que é “un evento no que a colaboración da Escola de Hostalería do IES de Foz é indispensable: as elaboracións de berberechos e mexillóns que se degustarán son realizadas polo alumnado do centro, o que é un orgullo para o pobo de Foz. Nesta edición teremos novidades nestas elaboracións porque o ano pasado o ceviche de berberechos foi un auténtico éxito”.

A edil de Cultura tamén anuncia que “este ano o pregón correspóndelle a Xesús Basanta Martínez, máis coñecido como Xesús do Breogán, que leva estudando o pobo de Foz, as súas costas e costumes moitos anos, especialmente na toponimia. O pregón será ás 12 do mediodía e a continuación actuarán os grupos folclóricos de O Feitizo e A Subela, e tamén contaremos coa música de Mar Aberto. A sesión vermú será a cargo de Primera Línea. Na carpa serviranse racións entre ás 13.00 e as 17.00 horas. Pola noite, a partir das 23.00 horas será o turno da música dos tributos, coa actuación de El último burro e La disquetera, para finalizar con Dj Litainer. Tanto o sábado coma o domingo tamén haberá elaboracións de chícaros e mexillóns nos locais de hostalería de Foz”.

O alcalde de Foz anima a veciños e visitantes “a degustar chícaros e mexillóns e agradece o compromiso do pregoeiro Xesus do Breogán desde sempre coa festa, ao IES de Foz a colaboración e implicación, que posibilita que o mellor produto chegue á excelencia das mans da Escola de Hostalería, á ACIA de Foz e á hostalería local por darnos a oportunidade de desfrutarda experiencia gastronómica en todo o pobo e a todos os que fan posible homenaxear un molusco tan importante para Foz”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...