Unha muller de Foz deberá enfrontarse a unha pena dun ano e catro meses de prisión e a perder a patria potestade sobre o seu fillo, menor de idade, durante catro anos, tras ser acusada de deixalo en casa só durante a noite.
A muller non se presentou á sesión prevista este xoves, unha audiencia previa, no Xulgado do Penal número 1 de Lugo, polo que esta foi suspendida.
Os feitos ocorreron na madrugada do 11 de novembro de 2023, cando a acusada deixou só en casa ao neno, de once anos e este espertou. Asustado, chamou ao pai, que se personó no lugar. A muller regresou sobre o catro da madrugada, con síntomas de embriaguez e pretendendo asumir o coidado do menor.
