InicioCentralFozO goberno local de Foz responde ao voceiro da oposición que o...

O goberno local de Foz responde ao voceiro da oposición que o Concello “ten unha economía saneada”

A concelleira de Economía explica tamén: “o que lle podemos dicir ao Partido Popular é que o Concello de Foz está saneado, cumpre cos compromisos de pago e cada vez faino mellor, despois de ter que reestruturar unha situación paupérrima que deixou o anterior goberno"

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Economía e Facenda en Foz, Inés López Couto, aclara que “a oposición fai unha análise torticera dun documento sobre o que primeiro debería preguntar antes de afirmar. O primeiro que debería dicir é que o informe de Intervención é favorable. A realidade é que o Concello ten un resultado orzamentario positivo, co que pode permitirse pagar o 1,3 millóns que aprobou a final de ano para cousas tan importantes coma as obras de Malates ou os ordenadores para aula de exames de Tráfico. Mais os suplementos de crédito poden supoñer desviacións na estabilidade, como ocorreu e asumimos, apostando por maior traballo, onde sobre todo vamos fixar obxectivos na mellora dos prazos”.

Inés López Couto engade: “teremos que empezar por unha das primeiras frases que lle dixen ao señor Castiñeira ao entrar no goberno cando lle falei de contratos: nos primeiros seis meses o goberno socialista adxudicou máis de vinte contratos, nos seus seis meses anteriores foron sete. A verdade é que resulta fantasioso que fale de contratación o que era alcalde cando a intervención incluía nos seus informes frases como ‘A maior parte das facturas non foron obxecto de contratación, producíndose grandes fraccionamentos ou Inténtanse facer contratos con empresas para contratar persoal ou En canto ás facturas de obras, non van acompañadas de ningún proxecto, tal e como esixe a Lei de Contratos. Non existen actas de replánteo, nin son informadas polos técnicos do Concello, etc’. Despois de recibir un Concello sen case ningún contrato en vigor excepto algún menor de obras (aínda que polo que di a Intervención non debían ser moi correctos tampouco), incluíndo algúns tan grandes coma o da auga ou o servizo de axuda no fogar, este goberno continúa revertendo a situación con traballo diario.”

A concelleira de Economía explica tamén: “o que lle podemos dicir ao Partido Popular é que o Concello de Foz está saneado, cumpre cos compromisos de pago e cada vez faino mellor, despois de ter que reestruturar unha situación paupérrima que deixou o anterior goberno. Non lembra cando incumpría o plan económico financeiro do exercicio 2018, plans que obviamente foi alongando exercicio tras exercicio. Actualmente nin están en negativo as contas, existe superávit do exercicio de máis de 800.000 euros e remanente de case 3 millóns, nin o incumprimento da regra gasto (unha fórmula que impuxo o Partido Popular e absolutamente inxusta para concellos e comunidades autónomas) se pode utilizar de forma banal. O plan económico financeiro aprobado o ano pasado ten un vixencia de dous anos, o 2026 é o segundo e vamos seguir traballando na mellora das contas, pero sobre todo na mellora dos servizos aos veciños. ”

Esperámolo mañá coa súa nova entrega de dopada e desvirtuada. Aquí non hai conto nin conta, o que debe haber é traballo para a cidadanía e volvo dicirlle que a miña labor como voceira é responderlle, sobre todo cando desinforma de forma interesada”, finaliza a concelleira.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...