InicioCentralFozO PP de Foz acusa de "nula capacidade" ao goberno local na...

O PP de Foz acusa de “nula capacidade” ao goberno local na xestión dos fondos públicos

Javier Castiñeira, sinala que “queda demostrada a nula capacidade de Cajoto para xestionar fondos públicos, advertindo ademais de que as contas “están totalmente dopadas, desvirtuadas, gracias ao millón e medio de euros que o BNG aprobou ao final do orzamento como suplemento”

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Foz vén de analizar a liquidación do exercicio 2025 presentada polo goberno municipal, da que conclúe “a nula capacidade de xestión dos fondos públicos” por parte do executivo local.

O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala que “queda demostrada a nula capacidade de Cajoto para xestionar fondos públicos, advertindo ademais de que as contas “están totalmente dopadas, desvirtuadas, gracias ao millón e medio de euros que o BNG aprobou ao final do orzamento como suplemento”.

Segundo explica Castiñeira, “aínda así, despois dese balón de oxíxeno, a señora Couto non foi capaz de cumprir nin coa regra de estabilidade orzamentaria, que está en negativo en máis de 811.000 euros, nin tampouco coa regra de gasto, que tamén está en negativo en máis de 613.000 euros”.

O PP tamén alerta de que a liquidación recolle “87 reparos de intervención, loxicamente por mala praxe”, e subliña que o propio interventor municipal “está instando ao equipo de goberno a cumprir a lei de contratos, porque se incumpre reiteradamente”.

Neste sentido, os populares lembran que “se incumpre tamén un mandato do pleno e un compromiso do propio equipo de goberno recollido no plan económico aprobado” ao tempo que critican que “o Concello segue sen orzamentos, xa pasado o primeiro trimestre de 2026”.

Castiñeira é especialmente crítico coa tenente de alcalde, á que lle reprocha a súa actitude tras sete anos de goberno. “Este é o labor da señora Couto, que tanto critica os anteriores goberno sen darse conta de que ela é a que está gobernando e a que ten as responsabilidades”.

Finalmente, o portavoz popular conclúe cunha mensaxe directa á concelleira: “Señora Couto, dedíquese máis ás contas e menos aos contos”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...