InicioCentralFozO PP de Foz critica a xestión urbanística do goberno local por...

O PP de Foz critica a xestión urbanística do goberno local por carecer “de planificación e criterio”

Como exemplo desta situación, o portavoz popular sinala as actuacións realizadas recentemente nas beirarrúas, onde se están a instalar elementos que Castiñeira cualifica como “neo xardineiras”

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Foz, a través do seu voceiro Javier Castiñeira, critica a xestión urbanística do goberno local encabezado por Francisco Cajoto, ao que acusa de actuar “sen planificación, sen criterio e cun resultado claramente prexudicial para a imaxe do municipio”.

Como exemplo desta situación, o portavoz popular sinala as actuacións realizadas recentemente nas beirarrúas, onde se están a instalar elementos que Castiñeira cualifica como “neo xardineiras”. Segundo explica, “presentan un estado lamentable, sen rematar, sen coidado e sen ningún tipo de criterio estético”, engadindo que “están cheas de malas herbas e transmiten unha imaxe de abandono impropia dun concello como Foz”.

O PP destaca que esta situación non só preocupa á veciñanza, senón tamén aos visitantes: “son moitos os turistas que nos trasladan a súa sorpresas ao ver obras recentes en estado de abandono, o que prexudica gravemente a imaxe do noso pobo”.

RESPOSTA AOS INSULTOS DE INÉS COUTO

Por outra banda, Castiñeira tamén responde ás declaracións da tenente de alcalde, Inés Couto, criticando “o ton e a falta de respecto nas súas intervencións públicas”. Neste sentido, afirma que “a estratexia de insultos e descalificacións non fai máis que evidenciar a ausencia de argumentos e de proxecto por parte do goberno local”.

O señor Cajoto debería centrarse en gobernar e escoitar á veciñanza, en lugar de utilizar á súa número dous para facer oposición da oposición”, engade o portavoz do PP, quen reivindica “o papel construtivo do Partido Popular á hora de propoñer melloras e solucións”.

Finalmente, o PP de Foz esixe ao goberno municipal “máis rigor, máis planificación e máis responsabilidade na execucións das obras públicas”, reclamando “que se rematen correctamente e que se garantice o seu mantemento” para evitar “situacións de abandono como as que estamos a ver actualmente”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...