InicioCentralFozFoz celebra o Día Mundial da Auga e presenta unha oficina virtual...

Foz celebra o Día Mundial da Auga e presenta unha oficina virtual para o servizo de abastecemento

Publicada o

- Advertisement -

Dentro do novo contrato de xestión do Ciclo Integrado da Auga, asinado o día 1 deste mes de marzo, o Concello de Foz presentará mañá, martes 24 de marzo, novos canais dixitais (web, Facebook e Instagram) para un servizo de abastecemento de auga máis próximo e transparente e unha oficina virtual para poder facer trámites de forma áxil e segura durante as 24 horas.

A presentación, que é un acto aberto ao público, contará coa presenza do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e persoal técnico e de dirección da empresa FACSA, adxudicataria do servizo. Será no salón de actos do CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) ás 12:30 horas.

Ademais Fran Cajoto anuncia que “durante todo a xornada de mañá, martes, en distintas quendas de mañá e tarde, alumnos de 5º de Primaria dos cinco colexios cos que conta o noso municipio participarán en O Curso da Auga, unha iniciativa para coñecer a través de talleres, xogos e experiencias prácticas, como funciona o ciclo da auga e a importancia de facer un uso responsable deste recurso”. Con estas actividades o Concello de Foz celebra o Día Mundial da Auga.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...