InicioCentralFozO PP reclama a estabilización do noiro da plataforma ferroviaria na praia...

O PP reclama a estabilización do noiro da plataforma ferroviaria na praia de Arealonga, en Foz

Os senadores José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e o portavoz do PP de Foz, Javier Castiñeira, informaron nun comunicado de que comprobaron o seu estado despois de producirse un desprendemento no cantil en marzo do 2024 que afectou o paseo marítimo de Cangas.

Publicada o

- Advertisement -

O PP esixe “prazos” para a que consideran unha obra “urxente” polo perigo que supón para a plataforma ferroviaria: a estabilización do noiro á altura da Praia de Arealonga, na parroquia de Nois, en Foz.

Os senadores José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e o portavoz do PP de Foz, Javier Castiñeira, informaron nun comunicado de que comprobaron o seu estado despois de producirse un desprendemento no cantil en marzo do 2024 que afectou o paseo marítimo de Cangas.

O Partido Popular de Lugo, a través dos seus representantes no Senado –José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano–, interesouse por coñecer desde a Cámara Alta a previsión do Goberno de España á hora de executar actuacións coas que garantir a seguridade do servizo de ferrocarril (FEVE) que, na actualidade, ten que reducir a súa velocidade na zona ante o risco de desprendemento.

Respecto diso, Balseiro apuntou que o Goberno confirma que adxudicaron obras por 1,28 millóns para levar a cabo esta obra e outra para estabilizar noiros en dous tramos entre os apeadeiros de Viveiro e Xove por 819.000 euros. Pero reprobou que “evitan dar prazos” para o final dunha obra que, remarcou, “corre présa”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...