InicioCentralFozFoz mellora os equipamentos da Biblioteca Salgado Toimil e da Radio Municipal

Foz mellora os equipamentos da Biblioteca Salgado Toimil e da Radio Municipal

O alcalde, Fran Cajoto, pon en valor os novos servizos da Casa da Cultura de Foz, que están a ter moi boa acollida: “En maio do 2023 estreamos a nova web municipal e abrimos RadioFoz a internet, polo tanto agora podemos escoitar a radio pública desde calquera lugar do mundo"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz continúa investindo na mellora dos servizos municipais e da cultura, concretamente na biblioteca Salgado Tomil e nas instalacións de RadioFoz.

A finais do ano 2024 abriuse a sala de estudos da biblioteca municipal Salgado Toimil. Fixemos un investimento de máis de 12.000 euros en equipamentos e mellora da antiga sala de exposicións da Casa da Cultura, cumprindo unha petición dos estudantes focegos: ter un espazo para estudar, nas condicións dunha biblioteca universitaria”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “iso xunto ao horario de 8.30 da mañá á 8 da tarde ininterrompido de luns a venres, fai que sexa un lugar sempre moi concorrido. Mais as necesidades da Casa da Cultura continúan, polo que decidimos investir máis de 31.000 euros na mellora do equipamento da biblioteca e da radio municipal, para o que tamén solicitamos unha axuda á Xunta de Galicia. O traballo na biblioteca continúa mellorando os fondos literarios, cun investimento anual de preto de 10.000 euros, así como moitas actividades de dinamización da lectura entre os máis pequenos e os coles. Agora a biblioteca é un lugar social onde os pais lles len aos pequenos e onde se poden facer traballos grupais”.

O alcalde, Fran Cajoto, pon en valor os novos servizos da Casa da Cultura de Foz, que están a ter moi boa acollida: “En maio do 2023 estreamos a nova web municipal e abrimos RadioFoz a internet, polo tanto agora podemos escoitar a radio pública desde calquera lugar do mundo. En novembro do 24 inauguramos a sala de estudo do primeiro andar, que tantos opositores e estudantes usan a diario. Nestes últimos meses vimos de cambiar a iluminación, pintar o espazo e mellorar o mobiliario da biblioteca, tanto para os grandes como para os máis pequenos. E no tocante á radio, renovamos por completo os antigos equipos dotándoa de novos procesadores, módulos para chamadas telefónicas e equipamentos informáticos e de software, para dixitalizar todos os procesos. Tamén incluímos un equipo portátil que nos vai a permitir emitir en directo desde calquera punto do Concello; un salto que xa están a notar todos os oíntes na calidade das emisións. E seguimos traballando. Os próximos retos están na mellora do salón de actos e da pintura exterior do edificio, así como unha futura mellora de horarios, para que a Casa da Cultura Poeta Manuel María siga tendo moita vida”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...