InicioCentralFozCristina Lagares, libraría Bahía: "Quero continuar co modelo de traballo da libraría...

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cistina Lagares (Foz) decidiu un día que era hora de cambiar o rumbo profesional da súa vida. Deixou a cociña do Hospital da Costa e colleu o traspaso da libraría Bahía de Foz para continuar co legado deste lugar xa histórico en Foz.

Publicada o

- Advertisement -

Cristina Lagares,

-Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía?

Antes disto estiven moitos anos traballando na cociña do Hospital de Burela, vinte e sete anos e xa estaba cansa da rutina, sempre o mesmo. Logo, un día vin que traspasaban a libraría Bahía e como pasaban os meses e o cartaz de traspaso seguía aí, prendeu unha luz e dixen: “como me apetece cambiar de traballo vou probar con isto”.

-Cal era a túa relación coa libraría previamente?

Era cliente.

-Coñecías como era o traballo diario dentro da libraría?

Comecei a traballar con eles en novembro para ir vendo como facer e así estiven até comezos de marzo que collín o traspaso.

-Que che gustaría facer na libraría para darlle o aire que che gustaría a ti?

Ben, a libraría funciona ben tal como foi até o de agora, por iso quero manter esta liña e filosofía de empresa. Quero manter esa forma de prestar un servizo á comunidade, o clube de lectura e traer autores para presentar os libros e que a xente pida ou encargue aqueles exemplares que necesita. Actualmente somos metade libraría e a outra metade é papelería.

-Habilitarase máis espazo físico para as presentacións de libros, para a presenza de artistas, etc.?

O espazo é o que é, mais adaptamos con cadeiras e mesas adaptables para as presentacións e o público.

-Pensaches en chamar algún autor ou autora para facer unha presentación?

Polo de agora non, aínda hai moitas cousas que debo ir arranxando e aínda non pensei nese tipo de actos.

-Que che transmitiu a xente de Foz cando viron a túa iniciativa de levar adiante Bahía?

Recibín comentarios moi positivos, de alento e moitas palabras de ánimo porque están contentos de que a libraría continúe.

-Que consellos ou recomendacións che transmitiron os anteriores propietarios para seguir adiante? Os teus coñecidos e familiares apoiáronte nesta decisión?

Moitos, porque eu viña dun traballo diferente e por iso me formaron durante catro meses. Agradézolles moito as cousas que me aprenderon porque o fixeron de corazón. E por parte de coñecidos e familia recibín moitos apoios.

-Cal é a demanda máis importante dentro da clientela?

Véndese moita literatura infantil, vén moita xente con nenos para buscar libros e iso é moi bo. Eu mesma son moi afeccionada á lectura e por iso me decidín a coller Bahía, porque me gustan moitos os libros.

-De cara ao verán pensaches en facer algo especial?

O verán é tempada alta e teremos moito traballo mais aínda non pesamos en preparar algo.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...