InicioCulturaCafé concerto coa Escola Municipal de Música Arcadio Mon en Foz

Café concerto coa Escola Municipal de Música Arcadio Mon en Foz

Publicada o

- Advertisement -

A Sala Bahía de Foz acolle este sábado, día 21 de febreiro, ás 21.30 horas á Escola Municipal de Música Arcadio Mon, programa unha actuación coa súa aula de música de moderna. Este concerto, con estilos coma o pop, rock, blues ou jazz, contará con servizo de barra para simular o ambiente dun café concerto coa mellor música en directo interpretada polos alumnos da escola de música municipal.

A Sala Bahía acollerá este concerto de pequenos e grandes no que desfrutaremos de pezas de música contemporánea e recoñecida por todos”, explica a concelleira de Cultura, que engade: “a idea é simular con mesas e cadeiras e un pequeno servizo de bebidas co que poder tomar un refresco e gozar da música”.

A Escola de Música de Foz ten algo especial. O bo ambiente transmítese en cada actuación que fan, por iso non me sorprende que se prestaran a unha iniciativa coma esta: inmellorable”, finaliza o alcalde, Fran Cajoto.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...