O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo do firma da N-642 cara a praia de Areoura. Os nacionalistas sinalan o atoamento con restos de lixo e entullo na saída de desaugue deste colector.
Sobre este asunto, lembran que en xaneiro de 2023 colapsaba parte do firme da estrada logo da rotura nesta tubaxe “o que provocou que durante case un ano estivese cortada” a vía de comuncación. Durante o corte realizáronse as obras de reparación e desviando o tráfico por unha vía provisoria.
“O custo da obra ascendeu aos 2.6 millóns e supuxo un caos durante os primeiros días”, sinalan desde o BNG de Foz, á parde de estar “case incomunicados desde a parte da Mariña Oriental para servizos básicos como o Hospital Público da Mariña”.
Desta maneira, reclaman maior mantemento e control sobre esta drenaxe debido ás fortes choivas caídas. Instan ás autoridades a unha actuación urxente para solucionar o problema.
