InicioCentralFozACIA Foz prepara o San Valentín cun sorto de 400 euros en...

ACIA Foz prepara o San Valentín cun sorto de 400 euros en vales de compras

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, conta que “aquelas persoas que fagan as súas compras por importes superiores a 10 euros no noso comercio entre os días 2 e o 18 de febreiro poderán entrar no sorteo de 4 vales de compra de 100 euros cada un e dunha escapada romántica"

Publicada o

- Advertisement -

Todo está listo en Foz para a celebración de San Valentín. O Centro Comercial Aberto celebrará esta data sorteando 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica. A campaña desenvólvese entre os días 2 e 18 de febreiro.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, conta que “aquelas persoas que fagan as súas compras por importes superiores a 10 euros no noso comercio entre os días 2 e o 18 de febreiro poderán entrar no sorteo de 4 vales de compra de 100 euros cada un e dunha escapada romántica. O sorteo farémolo en Radio Foz o día 19 de febreiro”.

Paleo anima “a apostar unha vez máis polos negocios locais nos que podemos atopar todo o que precisamos par sorprender ás nosas parellas. Na hostalería de Foz tamén haberá propostas gastronómicas para celebrar o día de San Valentín”.

Outro clásico destas datas é o doce afrodisíaco, unha cita na que participan Anduriña, Los Dulces de Delphine e Xoyma, que ofrecerán as súas preparacións os días 13, 14 e 15 de febreiro.

Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración de Comercio Galego, Xunta de Galicia e Concello de Foz. Na presentación participaron o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo; o alcalde, Fran Cajoto; e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro.

Entroido

Todos os locais asociados a Acia Foz-CCA dispoñen de cartelería específica do Entroido para esta cita tan especial na que se pode ler: Isto é Foz, aquí hai Carnaval.

Cancro

E os locais asociados contan con cartelería do Día Mundial contra o Cancro e o mércores 4 de febreiro lucirán lazos verdes nos seus escaparates “como mostra de apoio e solidariedade desde a nosa asociación”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...