InicioCentralFozO PP de Foz reclama que se axilice a licitación para renovar...

O PP de Foz reclama que se axilice a licitación para renovar o céspede do campo de Malates

O voceiro municipal popular, Javier Castiñeira, lembra que esta actuación foi unha das condicións do acordo acadado co goberno local para desbloquear a licitación do contrato da auga

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Foz reclama ao alcalde maior rapidez na licitación da obra de remodelación do céspede artificial do campo de fútbol de Malates, unha infraestrutura deportiva que se atopa nun estado moi deteriorado e que provoca continuas queixas por parte dos usuarios.

O voceiro municipal popular, Javier Castiñeira, lembra que esta actuación foi unha das condicións do acordo acadado co goberno local para desbloquear a licitación do contrato da auga. “O Partido Popular solicitou en varias ocasións no pleno o cambio do céspede de Malates e finalmente conseguiuse grazas a un pacto co alcalde. Os pactos están para cumprirse”, subliña.

Castiñeira denuncia a falta de información por parte do goberno municipal: “Naquel momento quedáramos en que o Partido Popular estaría plenamente informado sobre este asunto, pero a día de hoxe non sabemos absolutamente nada, máis alá de que a Deputación de Lugo vai a financiar parte do investimento”.

O portavoz do PP advirte do risco que supón o actual estado do terreo de xogo: “Hai furados que son perigosos incluso para a integridade física dos deportistas, e as queixas dos usuarios son moi numerosas. Por iso pedimos que se acelere este contrato para que poida se estreado canto antes”.

CONTRATO DA AUGA

En relación co contrato da auga, Castiñeira pide prudencia ao alcalde e critica a súa actitude triunfalista: “Resulta sorprendente que agora presuma deste contrato cando estando na oposición o PSOE defendía a remunicipalización do servizo. Ademais, non se baixaron as taxas como pedía inicialmente o Partido Popular”.

O voceiro municipal tamén pon en dúbida que se trate da mellor opción para o Concello: “Non foi a empresa que máis obra ofertaba a que gañou o concurso, senón a cuarta mellora oferta segundo este criterio. Ademais, sabemos que houbo unha alegación dunha das empresas ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) e tampouco se nos informou con claridade”.

Finalmente, o PP de Foz esixe ao alcalde cumprimentos dos compromisos adquiridos: “O que pedimos é prudencia e cumprimento dos pactos. Dentro dese acordo estaba arranxar canto antes o campo de fútbol de Malates, e queremos que estea licitado durante esta primavera para que se poida executar no verán e que a próxima tempada se inicie con instalacións novas e seguras”.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...