InicioCentralFozA concelleira de Cultura de Foz pide ao PP que non manche...

A concelleira de Cultura de Foz pide ao PP que non manche o “bo nome do Entroido local”

"Deberíamos remar todos xuntos para que o Entroido de Foz continúe a ser un auténtico éxito”, manifesta Inés López Couto

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, pídelle a Javier Castiñeira e ao PP que se centren e non manchen o bo nome do Entroido da localidade.

“Resulta absolutamente deleznable que a Castiñeira non lle importe o máis mínimo manchar o bo nome do Carnaval de Foz. O ano pasado falaba da ubicación da carpa e auguraba catástrofes, este ano critica as bases para a reserva da cea de coroación -idéntica á de anos anteriores, pero máis cómoda a través dun formulario web-. No seu escrito Castiñeira pide que superemos o aforo permitido e isto si que nos parece gravísimo. Un ano di que hai demasiada xente e outro o contrario. Non entendo como un ex alcalde se presta a este xogo, reclamando unha comisión de festas cando a vilipendiou do xeito máis despreciable en anos anteriores. Deberíamos remar todos xuntos para que o Entroido de Foz continúe a ser un auténtico éxito”, manifesta Inés López Couto.

A concelleira de Cultura engade: “a Castiñeira tocoulle a semana das ocorrencias. Votou en pleno en contra de comprar o solar da Sareb para construír pisos de alugueiro social, bloqueando a iniciativa de goberno, e quixo darlle a volta á tortilla en prensa. Como non lle saíu ben porque os veciños saben de sobra o que hai, intenta manchar o bo nome do Entroido de Foz, unha vez máis. O que está claro é que Foz non lle importa absolutamente nada”.

“O éxito do Carnaval de Foz é unha auténtica realidade. Cando chegamos ao goberno había menos de mil comensais na cea de coroación e tiñamos que agardar longas colas desde as 5 da mañá para reservar un ticket de entrada. Agora hai un aforo de 1.450 comensais e plan de seguridade, controis en todos os accesos e coordinación. O señor Castiñeira nunca suxeriu modificar as bases para a reserva, que continúan sendo por orde de chegada, do mesmo xeito que cando el gobernaba”, explica López Couto, que tamén comenta: “ano tras ano seguimos mellorando. Implantamos a gala de elección, conseguimos un gran logro colectivo no ano 2023 coa declaración como Festa de Interese Turístico Galego, avanzamos notablemente na seguridade da carpa e o Fozódromo -gradas do peirao- xa é parte indisociable do Carnaval de Foz. Respecto a cambios para vindeiros anos, admitimos propostas que sempre serán tratadas nas reunións periódicas que mantemos cos grupos de Carnaval, como sempre fixemos”.

“Nos próximos días imos comunicar ás persoas que están en agarda a dispoñibilidade en función das renuncias de última hora. Lamentamos que xente que queira acudir se teña que quedar fóra por cuestión de aforo, pero sempre imos facer prevalecer a seguridade fronte a calquera outro aspecto”, remata a concelleira de Cultura.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...