InicioCentralFozO sorteo 'Dez Soños de Nadal' de ACIA Foz-CCA reparte 1.000 euros...

O sorteo ‘Dez Soños de Nadal’ de ACIA Foz-CCA reparte 1.000 euros en vales de compra

O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. A cita contou coa presenza do presidente e da xerente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo e Ana Segade.

Publicada o

- Advertisement -

Esta mañá foron sorteados os dez Soños de Nadal de Acia Foz-CCA. As persoas afortunadas recibirán en total 1.000 euros en vales de compra.

As papeletas premiadas son as seguintes: 16593, entregada en Centro Dietético Alba Vila; 25451, en Ana Fabeiro; 40303, en Xoguetería Bahía; 58914, en La Flor Abulense; 9216, en Kukadas; 5700, en Ártico; 3585, en Chinela Nenos; 45839, en Vass; 15681, en Carnicería Mercedes; e 7752, en Electricidad Núñez.

O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. A cita contou coa presenza do presidente e da xerente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo e Ana Segade.

Paleo agradeceu “a fidelidade nos negocios locais nesta pasada campaña de Nadal. Cada persoa afortunada no sorteo desta mañá recibirá 100 euros en vales de compra, que son moi ben recibidos nestas datas despois de todos os gastos das festas. Todo é unha axuda para levar o mellor posible o mes de xaneiro”.

Escaparates

Acia Foz-CCA deu a coñecer tamén hoxe o nome dos establecementos gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal. O primeiro premio é para Electricidad Núñez; o segundo para Ártico; e o terceiro para Isla. Lencería Esther recibe o premio ao mellor decorado exterior; e Pastelería Anduriña e Marexada, á mellor decoración interior.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, dixo que “un ano máis quixemos premiar aos escaparates máis bonitos e orixinais. A xente esmérase moito e queremos ter un recoñecemento con eses negocios que nos iluminan coa maxia do Nadal”.

A entrega de todos estes premios: Soños de Nadal e Escaparates, terá lugar a finais do mes de xaneiro.

Para a campaña de Nadal Acia Foz-CCA contou coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...