InicioCentralFozAs auxiliares do SAF de Foz particiaron en cursos de prevención de...

As auxiliares do SAF de Foz particiaron en cursos de prevención de riscos laborais

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “estes talleres teórico prácticos son para a formación e prevención de riscos laborais, psicofísicos, químicos e biolóxicos, e están destinados a todas as profesionais, auxiliares de dependencia e de libre concorrencia do Concello de Foz, en tarefas de atención domiciliaria (SAF)"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz, dende a Delegación de Servizos Sociais, en colaboración co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vén de organizar cursos de Prevención de Riscos Laborais (PRL) en tarefas de axuda a domicilio e atención directa a persoas con dependencia, impartidos de maneira presencial ás auxiliares do Concello.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “estes talleres teórico prácticos son para a formación e prevención de riscos laborais, psicofísicos, químicos e biolóxicos, e están destinados a todas as profesionais, auxiliares de dependencia e de libre concorrencia do Concello de Foz, en tarefas de atención domiciliaria (SAF). O sector da asistencia domiciliaria é un dos principais servizos esenciais do noso Concello, no que se ocupa a un número crecente de persoas, na súa maioría mulleres. O seu lugar de traballo son os domicilios dos usuarios e usuarias. O feito de traballar nun fogar pode levar a falsa sensación de que non existen os riscos asociados ás tarefas que se desenvolven diariamente, sen embargo a realidade vai por outro lado. Estes talleres teñen por obxecto formar o persoal auxiliar do SAF, afectado a exposición de todos estes riscos que conlevan o desempeño das súas tarefas.

Incidindo nas medidas de prevención fronte os riscos químicos e biolóxicos, para evitar enfermidades transmisibles que son causadas por bacterias, virus, fungos, parasitos, etcétera. Ademais da formación de criterios ergonómicos en tarefas de mobilización das persoas, onde as profesionais se ven sometidas a unha importante carga de traballo, física, psíquica ou mental; buscando sempre estratexias e técnicas de intervención eficaces e seguras tanto para o usuario como para a profesional. Coidar a persoas dependentes require un alto nivel de esixencia, ademais de implicacións persoais, onde as auxiliares do SAF se expoñen a riscos de distinta índole, incluso psicosociais. A axeitada formación e os coñecementos, capacidades e recursos da persoa deben estar en consonancia coas esixencias e presións laborais, para unha mellor saúde, benestar física e mental”.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...