InicioCentralFozFoz abre a inscrición para o campamento de conciliación de Nadal

Foz abre a inscrición para o campamento de conciliación de Nadal

A concelleira Inés López Couto destaca que “vai ser unha actividade divertida e boa para os nenos e á vez os pais poderán conciliar a súa vida laboral"

Publicada o

- Advertisement -

Este Nadal a novidade en Foz é o campamento de conciliación de Nadal. Terá lugar os días 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2 de xaneiro na Sala Bahía. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o campamento terá horario de madrugadores dende ás 9.00 ata as 10.30 horas e o horario do campamento será de 10.30 a 14.00 horas. Está pensado para nenos de 3 a 12 anos e nel poderán realizar diferentes actividades, como obradoiros, xogos, etcétera. O custe dos 8 días é de 20 euros. A inscrición está aberta ata este xoves 18 ou finalización de prazas, que serán outorgadas por orde de entrada. Esta pode realizarse na sede electrónica do concello de Foz, no apartado Trámites destacados.-Campamento de Nadal de Foz 2025-2026 ou no rexistro do Concello”.

Inés López Couto destaca que “vai ser unha actividade divertida e boa para os nenos e á vez os pais poderán conciliar a súa vida laboral nunha época na que as vacacións dos pequenos fan necesario facer malabarismos para cadrar os horarios. Dende o Concello intentamos achegar actividades novas para axudar ás familias no seu día a día”.

Ademais do campamento, dende o Concello organizaranse outras actividades este Nadal, coma os xogos e inchables as fins de semana do 27 de decembro e 3 de xaneiro (gratuítos na Sala Bahía), teatro ou a chegada de Papá Noel e os Reis Magos.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...