InicioCentralFozA piscina municipal de Foz abre este venres cun novo lucernario

A piscina municipal de Foz abre este venres cun novo lucernario

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz reabre este mércores, día 10 de decembro, a piscina municipal despois da substitución do lucernario. Os cursos de natación para nenos e persoas adultas, así como a actividade de aquagym, tamén se retoman no seu horario habitual.

Anunciouno o alcalde, Fran Cajoto, que ademais explica que “non se cobrarán as cotas dos cursos de natación do mes de decembro, en compensación polos días cobrados en outubro. Ás persoas usuarias que posúan bonos de baño ampliáranselles as datas de caducidade. Aos nenos e nenas abonados menores de 16 anos non se lles cobrará a cota de decembro, en compensación polos días cobrados en outubro. Para calquera consulta poden poñerse en contacto co concesionario no teléfono 982.13.28.31”.

As obras de substitución do lucernario, por importe de 85.910 euros, foron financiadas pola área de Deportes de Vicepresidencia da Deputación de Lugo nun 95 por cento e polo Concello de Foz no 5% restante.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...