InicioCentralFozPortos de Galicia tramita a concesión de infraestruturas ao Concello de Foz

Portos de Galicia tramita a concesión de infraestruturas ao Concello de Foz

Publicada o

- Advertisement -

Portos de Galicia está a tramitar unha concesión administrativa a favor do Concello de Foz, na Mariña de Lugo, para a explotación do edificio de deportes náuticos do municipio destinado á actividade de formación e adestramento, principalmente de piragüismo. O ente público remitiu o ofrecemento de condicións ao Concello no que se inclúe tamén o pantalán flotante desmontable para uso dos deportistas.

O título administrativo contemplará a aplicación do artigo 40 da Lei de Taxas de Portos de Galicia para a exención do 100 % das taxas ás corporacións locais cando desenvolvan actividades que se encadren entre as súas finalidades públicas e estas non sexan obxecto de explotación económica.

Deste xeito, o Concello de Foz, e o club Kaiak –principal usuario das instalacións-, que participa en competicións a nivel provincial, autonómico e nacional, poderán utilizar de xeito gratuíto o edificio de máis de 1.300 metros cadrados de superficie, así como o pantalán. Esta medida permite un aforro ás arcas municipais case 40.000 euros, que sería o importe que correspondería á ocupación sen exención.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...