InicioCentralFozDecembeer & Burger organizada ACIA Foz-CCA

Decembeer & Burger organizada ACIA Foz-CCA

O presidente de Acia Foz, José Carlos Paleo, explicou que “en Foz queremos iniciar a vindeira ponte festiva cunha proposta gastronómica para a veciñanza e visitantes"

Publicada o

- Advertisement -

Hamburguesas e cervexas serán as protagonistas en Foz os días 5 e 6 de decembro da DecemBeer & Burguer. Na cita participarán 14 locais hostaleiros.

O presidente de Acia Foz, José Carlos Paleo, explicou que “en Foz queremos iniciar a vindeira ponte festiva cunha proposta gastronómica para a veciñanza e para as moitas persoas que se achegarán a pasar esas xornadas na nosa vila. Os días 5 e 6 celebraremos a DecemBeer & Burguer con diversidade de elaboracións que atoparemos nos catorce locais participantes”.

9 Olas, A Rambla-Pachán, Augas Santas, Bar 78, Café Bar Campos, Cafetería Anduriña, Dandy, Espacio Machete, Las Delicias de Belkis, Marexada, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte e Xoyma son os establecementos nos que se poderán saborear exquisitas burguers e cervexas.

A DecemBeer & Burguer foi presentada este mediodía. No acto participaron o alcalde, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo.

Esta cita gastronómica está organizada por Acia Foz-CCA coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

Nadal

Coa chegada do mes de decembro Acia Foz-CCA inicia o Nadal. E faino co reparto de alfombras decorativas para a rúa e o engalanado dos escaparates que encherán de maxia, de luz e de cor esta tempada festiva. A campaña de Nadal arrincará o 15 de decembro. Antes en Foz terá lugar o acendido do alumeado, previsto para este venres, día 5.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

O PP reclama ao Goberno ampliar o prazo para a consulta pública do Regulamento Xeral de Costas

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclaman ao Goberno central que amplíe o prazo...