A Aula Universitaria da UNED de Foz organiza este mes de decembro dúas propostas
destinadas a promover a creatividade, a convivencia familiar, o aprendizaxe lúdico e a
solidariedade nestas datas tan sinaladas.
A primeira proposta será un “Obradoiro creativo de Galletas de Nadal en Inglés” e terá lugar
o próximo 23 de decembro, de 11:00 – 13:00 horas nas instalacións da Aula Universitaria
de Foz, dirixido por Leticia Veiga, colaboradora habitual da aula nas actividades de lingua
inglesa. A actividade está dirixida a nenos e nenas en idade escolar, que poderán participar
acompañados das súas familias nunha sesión onde practicarán inglés mentres comparten
unha doce experiencia de inspiración navideña. O obradoiro ten un prezo simbólico de 5
euros por participante e require inscrición previa.
A coordinadora da aula , Marta Muíña, subliña que “este tipo de actividades permiten
aprender de forma divertida, combinando creatividade, familia e práctica do inglés nun
ambiente próximo e motivador”. Engade ademais que “é unha oportunidade para abrir a
aula á comunidade e ofrecer propostas accesibles que fomenten o gusto pola aprendizaxe”.
Xunto ao obradoiro, a UNED de Foz impulsa tamén a campaña “Nadal Solidario”, unha
recollida de alimentos destinada a apoiar ás familias que máis o precisan nestas datas. Os
produtos doados serán entregados a entidades sociais do municipio para contribuír ao seu
labor asistencial.
A concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, destacou a importancia desta iniciativa
afirmando que “o Nadal é un momento no que debemos lembrar a necesidade de coidar
uns dos outros. Actividades como esta fortalecen o compromiso comunitario e permiten que
todos poidamos poñer o noso grao de area”. Martínez Pena agradeceu, así mesmo, a
colaboración cidadá e o impulso da UNED na organización de propostas educativas e
solidarias.
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar coa Aula
Universitaria da UNED en Foz a través das súas canles habituais, a consulta da web oficial
da UNED (www.uned.es) ou o contacto a través do correo foz@lugo.uned.es e os teléfonos
982.133.699.
