InicioCentralFozKicboxing en Foz para este sábado 15 de novembro no pavillón de...

Kicboxing en Foz para este sábado 15 de novembro no pavillón de Toques

As entradas poderán adquirirse o mesmo día no pavillón Torques de Marzán, ou anticipadamente na Casa da Xuventude

Publicada o

- Advertisement -

Este sábado, día 15 de novembro, Foz acollerá a VI Velada de Kickboxing Arenka Fight Night, que se celebrará no pavillón Torques, de Marzán, e o VI Cross Os Castros, que terá lugar en Cangas.

Ás 19:30 horas abriranse as portas do pavillón Torques, de Marzán, para unha tarde noite onde o deporte de contacto reinará unha vez máis da man do club Foz Contact Ari. Esta será a sexta edición desta proba, pero “sen dúbida será a máis especial porque se loitará por un título nacional”, anuncia o concelleiro de Deportes en Foz, Ángel Fernández Neira, que engade: “contaremos con participantes galegos e portugueses en categorías de lowkick, un campionato neoprofesional e o prato forte da noite, o Campionato de España Profesional entre Lía Murcia e a focega Vanessa Ares. Agardamos contar cun pavillón entregado alentando á referente desde deporte nas nosas terras para que consiga que o cinturón de campioa nacional profesional”.

As entradas poderán adquirirse o mesmo día no pavillón Torques de Marzán, ou anticipadamente na Casa da Xuventude. O venres será a pesaxe ás 18:30 horas na cafetería Namarinos a porta aberta e poderanse adquirir entradas alí tamén. Este evento foi presentado polo alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández; e Vanesa Ares, do club Foz Contact Ari.

E o VI Cross Os Castros terá lugar a partir das 10:00 horas sobre un circuíto de 300 metros para pícaros, 600 metros para benxamíns, 1.000 metros para alevíns, 1.600 metros para infantís, 2.000 metros para cadetes e 6 quilómetros para a competición absoluta. A saída e a meta estarán no campo de fútbol de Cangas. Está proba está organizada polo Club Atletismo Ría de Foz e Run Foz Run.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...