InicioCentralFozFoz organiza unha nova edición do ciclo Charlas Médicas

Foz organiza unha nova edición do ciclo Charlas Médicas

“Con estas charlas achegamos información dos temas de saúde máis actuais e ponse en valor o traballo dos profesionais que están a exercer na zona”, remata a concelleira de Sanidade en Foz

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Sanidade en Foz, Kathy Navarro, presenta, coma tódolos meses de novembro un ciclo de charlas sobre saúde. Serán os xoves días 6, 13 e 20 de novembro as 20:00 horas na Casa da Cultura do Concello de Foz.

Kathy Navarro anuncia que “a primeira charla será o xoves día 6 e impártea unha focega de Santa Cilla, Lorena Legaspi Rodríguez, neurologopeda no Hospital Ribera Polusa, e vennos falar de A logopedia no dano cerebral adquirido. Continúa Nélida Fernández Fernández, xeriatra no Hospital Público da Mariña, falando da Prevención de caídas: Unha ferramenta para manter a independencia o xoves 13. Finaliza o ciclo de charlas o día 20 co interesante tema Transtornos do sono, a cargo de Gonzalo Gutiérrez Vázquez, psiquiatra na Unidade de Saúde Mental de Burela”.

“Con estas charlas achegamos información dos temas de saúde máis actuais e ponse en valor o traballo dos profesionais que están a exercer na zona”, remata a concelleira de Sanidade en Foz.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...