InicioCentralFozFoz anuncia as pregoeiras do Entroido 2026

Foz anuncia as pregoeiras do Entroido 2026

En proceso de recollida de solicitudes para a elección de raíña ou rei do Entroido 2026 vanse confirmando novidades para o mesmo.

Publicada o

- Advertisement -

Un dos eventos máis emotivos en Foz é o pregón que se celebra o venres anterior ao desfile. Este ano o concello propuxo como pregoeiras á comparsa As Farangullas, que non so se encargará do pregón senon tamén da exposición do entroido que se inaugura o xoves de comadres.


As Farangullas son unha comparsa que comeza a súa andadura no ano 2007 e que participan todos os anos de todos os eventos carnavaleiros. Estamos seguros de que serán unhas pregoeiras que demostrarán o sentimento de Foz co seu entroido” explica Inés López Couto, concelleira de cultura.


“Seguimos traballando en organizar o Entroido 2026. Recordamos que se mantén aberta a inscripción para a elección do maior representante do entroido focego, a raíña ou rei do entroido, esta pode facerse ata o próximo día 30 de outubro no rexistro do concello ou na sede electrónica” recorda a concelleira de cultura.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...