InicioCentralFozA Aula Universitaria da UNED de Foz organiza tres actividades en outubro...

A Aula Universitaria da UNED de Foz organiza tres actividades en outubro para coñecer mellor o concello

A actividade, organizada en colaboración coa Concellería de Turismo, permitirá coñecer o pasado mariñeiro da vila e afondar na súa identidade costeira, ofrecendo unha nova mirada sobre o patrimonio local

Publicada o

- Advertisement -


A Aula Universitaria da UNED de Foz presenta un mes de outubro cheo de propostas abertas á veciñanza, combinando cultura, ecoloxía e lecer para todas as idades. O xoves, 16 de outubro, de 16:30 a 18:30 horas, celebrarase a ruta turística “Foz, sabor a mar”, un paseo guiado a cargo de Ana Pena, de Guía tu día, guía turística nativa de Foz. A actividade, organizada en colaboración coa Concellería de Turismo, permitirá coñecer o pasado mariñeiro da vila e afondar na súa identidade costeira, ofrecendo unha nova mirada sobre o patrimonio local.


A concelleira de Turismo, Katy Navarro, salienta que “esta iniciativa amosa o valor de traballar de forma coordinada entre as diferentes áreas do Concello e a Aula Universitaria da UNED. A unión de esforzos permítenos poñer en valor os recursos de Foz e ofrecer actividades que fortalecen a identidade local e a participación cidadá”.


O luns, 20 de outubro, a Aula Universitaria participará conxuntamente co IES de Foz na limpeza da praia da Rapadoira, no marco da XIV Limpeza Simultánea de Praias organizada por ADEGA. A actividade, que se desenvolverá de 12:30 a 13:30 horas, está aberta a toda a cidadanía. O Concello de Foz colaborará facilitando aos participantes os útiles necesarios, reafirmando o seu apoio constante a esta iniciativa ecolóxica.


Finalmente, o venres, 24 de outubro, de 17:00 a 19:00 horas, celebrarase unha actividade de Halloween para nenos e nenas a partir de cinco anos. Trátase dun xogo semellante á busca do tesouro, con pistas en inglés e temática inspirada nesta celebración.


A concelleira da Aula, Elena Martínez, subliña que “estas actividades amosan o papel da Aula da UNED como espazo vivo de aprendizaxe, cultura e participación cidadá. Foz é un lugar privilexiado, e queremos que cada veciño e veciña o sinta así”.


Pola súa banda, a coordinadora da Aula, Marta Muiña, destaca que “o traballo conxunto coas diferentes concellerías e instrumentos municipais é a base do funcionamento deste servizo, que pretende ser útil, aberto e próximo á comunidade”.


O prazo de matrícula para o curso 2025/2026 continúa aberto ata o 22 de outubro. A información e inscrición poden realizarse na web da UNED ou presencialmente na Aula Universitaria de Foz, de luns a venres, de 9 a 14 horas.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...