InicioCentralFozO Vehículo Integral de Documentación da Policía xa realizou os primeiros DNI

O Vehículo Integral de Documentación da Policía xa realizou os primeiros DNI

“Este servizo foi moi ben acollido polas veciñas e veciños e ante a afluencia o Concello solicitará a posibilidade de que se aumente a frecuencia a dúas veces ao mes”, explica Fran Cajoto, alcalde de Foz

Publicada o

- Advertisement -

Neste xoves realizouse a primeira xornada de renovación de DNI e pasaporte do vehículo integral de documentación da Policía Nacional (VIDOC) en Foz. Instalouse diante do CENIMA.

“Este servizo foi moi ben acollido polas veciñas e veciños e ante a afluencia o Concello solicitará a posibilidade de que se aumente a frecuencia a dúas veces ao mes”, explica Fran Cajoto, alcalde de Foz, que engadiu: “agradecemos o bo traballo dos funcionarios da Policía Nacional, que con este servizo facilitan a obtención do DNI aos veciños, achegándoo de forma sinxela”.

A seguinte data de atención será o 28 de outubro, que xa ten as citas completas.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...