InicioCentralFozAs escolas deportivas municipais de Foz abren a partir do 6 de...

As escolas deportivas municipais de Foz abren a partir do 6 de outubro

O Concello de Foz promove tamén a actividade musical a través da Escola Municipal de Música Arcadio Mon, con máis de douscentos alumnos, e axuda á conciliación a través do programa de madrugadores que promoven as ANPAS dos colexios públicos e cofinancia o Concello.

Publicada o

- Advertisement -

Este venres, día 3 de outubro, remata o primeiro prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais (EDM) de Foz, que comezarán a súa actividade o vindeiro luns, 6 de outubro. Para este curso 2025-2026 o Concello de Foz ofrece patinaxe artística, ximnasia rítmica, coreodance kids, cerámica, kickboxing e, como novidades, volei, deportes de raqueta, fútbol sala iniciación e debuxo e pintura.

As nenas e nenos terán que aboar 20 euros ao mes en caso de inscribirse nunha soa actividade e 25 euros ao mes se acoden a dúas ou máis actividades. O Concello de Foz dispón de bonificacións para as familias numerosas, pola capacidade económica da unidade familiar ou segundo o número de fillos inscritos que poden chegar ao 100% da cota. As inscricións poden realizarse a través da sede electrónica ou fisicamente no rexistro do Concello. Na páxina web municipal concellodefoz.gal está a disposición o formulario de inscrición e toda a información necesaria.

O concelleiro de Xuventude e Deportes, Ángel Fernández Neira, explica que “o obxectivo do Concello de Foz é axudar ás familias do municipio na conciliación familiar, ofrecendo ás nenas e nenos a través do deporte e das artes plásticas valores tan importantes como o compañeirismo, o traballo en equipo, o respecto ou a creatividade. Hai programas de gran éxito como o patinaxe, sendo a escola máis grande da Mariña e das máis importantes da provincia. Hai múltiples opcións para que os nenos se divirtan e desfruten”.

O alcalde, Fran Cajoto, destaca as novidades, como a escola de debuxo e pintura e tamén o esforzo que fan as asociacións: “os clubs deportivos como os Celtas, Santiago de Foz, Club de Atletismo Ría de Foz, Club Deportivo Foz, Kayak ou Karate promoven programas de éxito en moitos deportes. É de agradecer o traballo e o enorme esforzo que fan, e o Concello colabora con todos eles. As Escolas Deportivas complementan estas actividades, resultando que unha nena ou neno de Foz vai ter un amplo abano de opcións para escoller. Sempre digo que as pícaras e pícaros teñen que probar e quedarse con aquilo que máis lles guste. Dentro da expresión artística tiñamos pendente ofrecer a actividade de debuxo e pintura, que incluímos este ano e que agardo que teña gran éxito”.

O Concello de Foz promove tamén a actividade musical a través da Escola Municipal de Música Arcadio Mon, con máis de douscentos alumnos, e axuda á conciliación a través do programa de madrugadores que promoven as ANPAS dos colexios públicos e cofinancia o Concello.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...