InicioCentralFozCase 24.000 visitantes pasaron pola Oficina de Turismo de Foz

Case 24.000 visitantes pasaron pola Oficina de Turismo de Foz

A cifra é un 22% superior á do ano 2024 durante os mesmos meses

Publicada o

- Advertisement -

çA concelleira de Turismo e Comercio, Kathy Navarro, achega os datos de turismo do concello de Foz, recalcando un notable incremento dos visitantes polas instalacións municipais. A oficina de turismo situada no edificio Cenima e a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, de Foz, tiveron 23.266 visitantes, fronte aos 18.058 no 2024, o que supón un aumento do 22,4 por cento.

Kathy Navarro explica que “o turismo nacional liderou no mes de xuño un 97%, resaltando o de Galicia cun 46,6%; Madrid, 23%; Castela e León, 13,4%; e Asturias, 11,2%, sendo estranxeiros un 3%. En xullo o turismo nacional representou o 93,7% e 6,3% estranxeiro, sendo de Madrid un 33,6%; Castela e León, 13,3%; País Vasco, 10,5%; e Galicia, 9%. No mes de agosto reduciuse o turismo nacional a un 91%. De procedencia de Madrid, un 37,3%; País Vasco, 12,77%; Castela e León, 8,9%; e Cataluña, un 6,96%; sendo o 9% turismo estranxeiro con procedencia de Francia, Reino Unido, Alemania, Italia e Portugal principalmente”.

A concelleira de Turismo destaca que “con respecto ao 2024 na oficina de turismo bateuse un incrible récord, concretamente no mes de xuño, representando o aumento un 190%, pasando de 473 atencións no 2024 a 2.486 neste 2025. No mes de xullo o aumento foi dun 9,5% e en agosto baixou un 10,5%. O cómputo xeral coa Basílica sería do aumento dun 22,4% con respecto ao ano pasado. En canto aos hoteis viron un mantemento cun lixeiro incremento no índice de ocupación comparando co ano anterior. Nos cámpings resalta un incremento do turista estranxeiro no mes de xuño e están a centrarse en seguir captando estes visitantes de orixe italiano, alemán, sueco e austríacos principalmente, cun notable incremento na duración das estancias no turismo nacional e italiano que creen que pode ser debido ao clima”.

Kathy Navarro engade: “para nós estes índices son bos, pero tamén un reto, tanto na actualización e mantemento das infraestruturas para o soporte deste notable aumento poboacional como para o mantemento da vida cotiá á que estamos acostumados os residentes pese ao gran número de visitantes que cada ano vai en aumento no noso concello”.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...