InicioCentralFozOs veciños de Foz poderán renovar o DNI sen ter que desprazarse

Os veciños de Foz poderán renovar o DNI sen ter que desprazarse

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, indica que “desde o pasado mes de xuño podemos renovar as claves e os certificados do DNI na máquina PAD que está situada no casa do Concello"

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional, en colaboración co Concello de Foz, pon en marcha un servizo de expedición do DNI e pasaporte que vai a permitir ás veciñas e veciños renovar os seus documentos sen desprazarse a Viveiro. O VIDOC -Vehículo Integral de Documentación da Policía Nacional- vai estacionar no Paseo da Ribeira, diante do CENIMA, o martes 23 de setembro. Para este novo servizo que ofrece o Concello de Foz xa se pode pedir cita, a través da páxina web municipal https://concellodefoz.gal/cita-dni/, no teléfono 982.14.00.27 de luns a venres de 9 a 14 horas ou de forma presencial no rexistro do Concello.

Na páxina web municipal recóllese toda a documentación necesaria para obter o novo documento. O pago das taxas (12 euros no caso do DNI, 30 euros no caso do pasaporte) debe abonarse no vehículo VIDOC no momento da renovación, en efectivo e na cantidade exacta.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, indica que “desde o pasado mes de xuño podemos renovar as claves e os certificados do DNI na máquina PAD que está situada no casa do Concello. Agora poderemos renovar tamén o DNI físico, sen ter que desprazarnos a Viveiro. Están habilitadas xa as primeiras datas para pedir cita: o 23 de setembro e o 28 de outubro. Polo de agora o vehículo VIDOC da Policía Nacional vai a acudir unha vez ao mes a Foz, diante do CENIMA, e vai expedir 30 documentos en cada desprazamento. Quero agradecerlle ao comisario provincial, Luis Romera, a sensibilidade coa nosa demanda e á subdelegada, Isabel Rodríguez, o traballo feito para implantar un novo servizo que achega a administración aos cidadáns e lles facilita a vida”.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...