InicioCentralFozCampaña 'Volta ao Cole' de ACIA Foz-CCA

Campaña ‘Volta ao Cole’ de ACIA Foz-CCA

Acia Foz-CCA sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que terá lugar entre o 29 de agosto e o 15 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

Acia Foz-CCA sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que terá lugar entre o 29 de agosto e o 15 de setembro.

Aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que “deste xeito queremos premiar unha vez máis á fiel clientela do comercio de Foz, que para a volta ao cole aposta polos negocios locais. Nas librarías, nas tendas de deportes, nas de moda, nas de calzado… atoparán todo o que precisan para a chegada do outono e para o inicio do novo curso escolar. Mercando en Foz seguimos facendo pobo e ademais podemos levar un premio de 50 euros. Toda axuda para a volta ao cole sempre é ben recibida”.

AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

Un veciño de Viveiro acepta seis anos e seis meses por agresión sexual á filla da súa afillada

Un veciño de Viveiro de mediana idade aceptou este luns unha pena de seis...

Ribadeo inicia as obras de mellora na Rúa Reinante cun orzamento 90.000 euros

Comezan as obras de mellora da rúa Reinante, que suporán un investimento de 89.000...

A concelleira de Cultura de Foz pide ao PP que non manche o “bo nome do Entroido local”

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, pídelle a Javier Castiñeira e ao PP...