InicioCentralFozPunto violeta nas festas de San Lourenzo en Foz

Punto violeta nas festas de San Lourenzo en Foz

A concelleira de Muller e Igualdade, Ana Rojo, explica que “son espazos libres de violencia e agresións sexuais"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz, a través da Concellería de Muller e Igualdade, instalará un punto violeta con motivo da celebración das festas do San Lorenzo, de igual maneira que se fixo nos festexos na honra á Virxe do Carme. Estes puntos serven para concienciar contra a violencia de xénero.

A concelleira de Muller e Igualdade, Ana Rojo, explica que “son espazos libres de violencia e agresións sexuais. A nosa intención e promover un entorno seguro nestas festas de divertimento e concentración de moita xente participante para que mulleres e homes disfruten da igualdade, ademais de concienciar á xuventude e á poboación en xeral sobre a importancia de como se debe actuar ante unha agresión ou acoso sexual, evitando e detectando situacións de perigo que se puideran dar nestas festas. Este punto violeta, ó igual que nas festas do Carme, contará novamente con técnicas con formación en igualdade e prevención da violencias sexuais ou de xénero, ademais dunha psicóloga, e estará atendido en horario de 22.30 a 4.30 da madrugada os días 9 e 10 de agosto na mesma ubicación, abaixo do bar Náutico, lateral de Servizos Sociais, na zona do porto deportivo”.

Ana Rojo engade que “o obxectivo do Concello colocando estes puntos violeta e promover entornos seguros, con protocolos de actuación tratando de previr e erradicar as agresións sexistas en espazos masificados, sobre todo en lugares festivos e de ocio mediante a información de todos os recursos dos que dispón a persoa afectada ou posible vítima, dándolles todo o apoio asistencial, facilitándolles os recursos necesarios mediante o acompañamento á posible vítima, muller, home ou membros do colectivo LGTBI. Na maioría das veces este tipo de abusos, acoso ou violencias sófrenos as mulleres nestes espazos de festa e divertimento”.

A concelleira de Muller e Igualdade en Foz considera que “é fundamental que tanto homes como mulleres se involucren nesta causa, e se poida estender este compromiso a toda a sociedade, e que tanto homes e mulleres e a xuventude en xeral poidan disfrutar da mesma maneira dunhas festas seguras, libres de agresións, con respecto e tolerancia mutua”.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...