InicioCentralFozPrepárase novo desembarco viquingo en Foz

Prepárase novo desembarco viquingo en Foz

Desde o Concello animan a propios e alleos a implicarse nesta Festa Normanda de 2025

Publicada o

- Advertisement -

Foz prepárase para a XIII edición da Festa Normanda que se celebrará na vila desde o 28 ao 31 de agosto. Desde o Concello resaltan que esta festa “é un orgullo para Foz” sendo un dos principais atractivos turísticos do municipio no mes de agosto e de todo o verán focego.

Durante os catro días da celebración rememorarase o desembarco viquingo nas costas desta localidade. A cita contará con recreacións da época con espectáculos para todos os públicos. Mais o momento que todo o mundo espera é a recreación do desembarco e o combate entre asaltantes e defensores.

O compoñente principal desta festa é a participación de toda a veciñanza de Foz que visten con roupas da época creando un ambiente “inmersivo”. É por iso que desde o Concello animan a propios e alleos a implicarse nesta Festa Normanda de 2025.

A Festa Normanda de Foz conta co apoio de asociacións, empresas, entidades locais, grupos dedicados á recreación histórica. Este ano espérase que a organización presente algunha novidade durante o desenvolvemento da celebración.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

A conselleira de Mar defende en Burela a sustentabilidade do sector pesqueiro galego

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este xoves en Burela a sustentabilidade do...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...