InicioCentralFozO mercado de Foz será o venres 18 en vez do martes...

O mercado de Foz será o venres 18 en vez do martes debido ás Festas do Carme

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “despois da petición de varios postos de venta ambulante, buscouse unha solución consensuada ante a imposibilidade dun cambio de ubicación para celebrar o mercado o mesmo martes, polas dificultades de mobilidade que presenta ese día o casco urbano"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz anuncia que a vindeira semana o tradicional mercado dos martes, que se debería celebrar o día 15, muda de data para o venres 18, debido á festas do Carme.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “despois da petición de varios postos de venta ambulante, buscouse unha solución consensuada ante a imposibilidade dun cambio de ubicación para celebrar o mercado o mesmo martes, polas dificultades de mobilidade que presenta ese día o casco urbano. A Policía Local recomendaba non celebrar o mercado o martes debido á ocupación da explanada portuaria, onde se sitúan os postos, polas atraccións e infraestruturas da festa do Carme, ademais de haber obras en distintos puntos do pobo: na mesma explanada portuaria coas instalacións da nova depuradora de auga residuais, a reforma da rúa Irmandiños e ademais a dificultade engadida das limitacións de estacionamento e dos cortes en distintas rúas que se van producir o martes para a elaboración das alfombras florais do Carme”.

O rexedor municipal engade: “vimos o cambio de data como unha alternativa viable e a única posible nestas circunstancias e os vendedores así o entenderon, o que lles agradecemos. Teñen sempre boa disposición co Concello nun mercado semanal que é o máis grande da Mariña e que queremos seguir potenciando pola repercusión tan positiva que ten para os negocios de todo o pobo e tamén como un servizo público indispensable para a veciñanza do o concello”.

Fran Cajoto lamenta “as críticas do principal partido da oposición, precisamente cando o Partido Popular no seu mandato o que facía nestes casos era directamente anular o mercado sen ofrecer ningún tipo de alternativa”.

O alcalde remata remarcando que a vindeira semana o mercado de Foz celebrarase o venres día 18 no horario e na situación habitual, no peirao de Foz.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...