InicioCentralFozO Departamento de Cultura de Foz programa un verán con numerosas actividades

O Departamento de Cultura de Foz programa un verán con numerosas actividades

Publicada o

- Advertisement -

O departamento de Cultura do Concello de Foz está organizando un verán cheo de actividades. Este mércores inaugurouse a primeira exposición do verán nas salas do CENIMA: unha colección de obras pictóricas e escultóricas de Vicente Barreira e Esperanza Fontecha, que estará aberta de martes a sábado en horario de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 horas e domingos e festivos de 11.00 a 13.30 horas dende ata o 27 de xullo. “As exposicións Paisaxes e Obra Última,de Vicente Barreira e Esperanza Fontecha, son de visita obrigada para quen lle guste a arte”, destaca a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

A edil de Cultura anuncia tamén que “o ciclo Sons na Rúa cumpre dezaoito edicións enchendo de música local Foz todos os venres do verán en diferentes prazas do concello. Este venres comeza da man da Rondalla Latexos, a partir das 21.00 horas. Ademais esta fin de semana a Asociación Cultural Virxe do Pilar organiza a súa III Torrezmada Popular da Espiñeira, para todos aqueles que lles guste comer ben e desfrutar dos amigos e a familia no entorno do Campo da Feira da Espiñeira. A partir das 20.30 horas e coa actuación do grupo focego A Subela”.

Inés López engade que “o domingo é tempo de teatro, chega a Foz a obra Costa da Morte: cartografía dun naufraxio, que se poñerá en escena ás 22.00 horas na praza Rosalía de Castro (Campo da Cabana) e en caso de choiva a representación levarase a cabo no pavillón do colexio Nº1 ás 20.00 horas”.

“Agardamos que veciños e visitantes desfruten dunha programación que aglutina actividades para pequenos e grandes e que vai de música a teatro, pasando por festas e moitas outras actividades”, finaliza a concelleira de Cultura.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...