InicioCentralFozMarta Muíña, UNED Foz: "moitas veces é o alumnado quen pide temas...

Marta Muíña, UNED Foz: “moitas veces é o alumnado quen pide temas que lle son necesarios”

A Aula Universitaria da UNED de Foz pechará o seu curso académico cunha actividade aberta á comunidade educativa e ao público en xeral: unha ruta interpretativa sobre as plantas silvestres da primavera. Terá lugar o día 15 de maio ás 17:00 horas con saída da Igrexa de San Acisclo, e será guiada por Pedro Rolle, natural do Valadouro e experto en biodiversidade, quen tamén é o autor do caderno presentado na Casa da Cultura recentemente Flores de primavera do Valadouro.

Publicada o

- Advertisement -

-Finaliza o curso para a aula da UNED Foz. Cal é a valoración deste curso e das actividades que se realizaron?

A valoración que facemos é positiva, este curso foi un éxito co aumento de alumnado, algo que se deixa sentir de maneira paulatina ano a ano. Isto vese tamén na parte de Extensión Universitaria onde este ano chegamos aos 2.000 participantes. Sobre actividades, houbo entre corenta e cincuenta durante todo o curso que en realidade son oito ou nove meses.

-Cales son as propostas da UNED que reciben maior número de alumnado?

Sobre todo aquilo relacionado con psicoloxía, empoderamento e autocoidado. Agora mesmo Psicoloxía Positiva está tendo moita demanda. Contamos cunha poñente, Alba Burundarena, que leva varios anos colaborando coa UNED, mais tamén o éxito vén da súa parte porque é ela quen deseña esas actividades demandadas pola xente. A Aula da UNED é un espazo aberto por iso quixemos abrila aos e ás estudantes e así poidan demandar o que necesiten. Por exemplo, o CELGA, que é moi demandado por necesidades como oposicións, etc. Por iso, moitas veces é o alumnado quen pide determinadas actividades relacionadas con temas que lle son necesarios.

-Como é a colaboración entre Concello e Aula UNED?

A colaboración é total, contamos coa concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, facemos reunións periódicas para ver como vai indo toda a oferta que estamos lanzando. De cara ao ano que vén, tivemos reunións con outras concellarías como Turismo e Cultura coas que colaboraremos de xeito directo, pois moitas das nosas actividades teñen que ver con moitos deses ámbitos, non só co educativo. O Concello tamén nos serve como altofalante para difundir as propostas. En definitiva, estamos satisfeitos coa colaboración aberta durante estes anos.

-Desde a Aula da UNED en Foz impartides formación propiamente universitaria?

Si, aquí impartimos as materias do curso de acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos, isto semanalmente. Tamén repartimos materias de graos como Historia, Turismo, Administración e Dirección de Empresas. Somos soporte activo da UNED como institución na que podemos pensar todos como sería a UNED nacional.

-O día 15 de maio ides organizar unha ruta con saída da Igrexa de San Acisclo e guiada por Pedro Rolle, experto en biodiversidade e que é autor do caderno Flores de Primavera do Valadouro. Cal é a finalidade deste roteiro?

Pedro Rolle é un colaborador da Aula e durante este período lectivo fixemos un curso de extensión universitaria sobre plantas medicinais e que tivo moito éxito. Con Rolle fíxose unha saída para a procura de plantas medicinais para elaborar pomadas. Con el fixeramos unha actividade final o ano pasado que era un roteiro pola zona de Malates, xunto á ría de Foz. Nesa saída centrámonos na flora e fauna. Este ano centrámonos máis na flora que temos ao pé en base ao caderno que editou. El vive en San Acisclo, así que por movernos máis alá do casco urbano e así queremos darlle valor ás parroquias.

-Como organizades as ponencias realizadas na Aula da UNED?

Antes de contestar quero darlle as gracias a todos e todas as poñentes que se achegan á nosa aula. Son persoas que veñen de colaborar noutros anos e ademais, outros anos hai cursos de Extensión Universitaria e que o repetimos e con algúns imos coa quinta ou sexta edición. Nese sentido, xa son persoas que coñecemos mais noutros temas son persoas que buscamos especificamente para cursos que non impartimos até o momento. Para iso imos contactando con persoas que poden dicirnos quen pode ser a persoa máis axeitada. Se ao final é quen imparte esa ponencia, dámoslle liberdade para articular a ponencia que nós pensamos nun inicio: horas, actividades, etc. Unha vez aprobada, a persoa que está na aula en Secretaria, vai facer o traballo de cadrar datas e espazos para impartir a ponencia.

ÚLTIMAS

Fóra de perigo o mariñeiro que sufriu hipotermia tras caer no porto de Celeiro

Un mariñeiro que caeu ao mar á altura da lonxa de Celeiro, no municipio lucense...

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...