InicioCentralFozA concelleira de Facenda de Foz denuncia a "demagoxia" do PP coas...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto, comenta: “sempre utilizan os informes dos técnicos coma arma arreboladiza, moitas veces sen lelos, utilizando unha frase solta, só a que máis interesa"

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto, denuncia a “demagoxia do señor Castiñeira desinformando interesadamente” sobre as facturas do concello pendentes de pago. E explica que o Concello de Foz leva a pleno un recoñecemento extraxudicial de facturas de 811.000 euros que non foron tramitadas no ano pasado por falta de técnicos para facelo.

“É importante que se explique: unha administración ten una enorme tramitación administrativa e son necesarias as sinaturas de varias persoas para poder aprobar e pagar unha soa factura. Neste caso a sinatura do interventor é indispensable e Foz estivo sen está persoa durante moitos meses pola falta destes técnicos a nivel nacional polo que o traballo estancouse; e obviamente o Concello non para, pero se a intervención non pode tramitar xerase un problema”, manifesta Inés López Couto, que engade: “a nosa obriga é xestionar, por iso en canto entrou un novo interventor interino axilizouse a liquidación do orzamento 2024 e o recoñecemento extraxudicial coa tramitación máis rápida para que os provedores que fixeron os seus traballos para o Concello poidan cobrar e non se retrase máis, pero esta tramitación conleva unha aprobación plenaria, non polo feito en si das facturas senón polo principio de anualidade orzamentaria, xa que son facturas dun exercicio pechado. Se o señor Castiñeira quere ir contra todos pode seguir a liña da xunta de voceiros, onde expresou que votaría en contra, intentando que os traballos non se paguen, só por prexudicar ao goberno. Iso é altura de miras”.

A concelleira de Facenda indica tamén que “a realidade é que se está traballando a tope para poder solucionar o que non se tramitou en meses, e queremos agradecer o traballo de todo o persoal de Intervención, que está a tope, e o resto do persoal doutras áreas, que está axudando a levar a cabo todos os expedientes. É importantísimo volver a poñer ao día o Concello”.

Sobre as declaracións do PP, López Couto comenta: “sempre utilizan os informes dos técnicos coma arma arreboladiza, moitas veces sen lelos, utilizando unha frase solta, só a que máis interesa. Non utilizan nas que se di que o Concello non ten problemas de tesourería, xa que son facturas que por carecer do técnico que asina para a súa tramitación non se conseguiron pagar no exercicio que tocaba. Por suposto que se cargan ao orzamento prorrogado, non vamos a facer coma el e gastar máis do que se ingresa. Para modificar os créditos están as transferencias de crédito, veremos se as aproban ou se tamén van estar en contra para ir contra todo”.

Ademais a concelleira de Facenda aclara: “nós non deixamos cousas sen pagar, estamos tentando solucionar todo, como tivemos que solucionar o que deixou sen pagar el. O importante é estar para solucionar os problemas que saen e iso é o que se está facendo. Se a oposición quere ir contra o seu pobo poden seguir na súa actitude de todo non”.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...