InicioCentralFozFoz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

Durante toda a fin de semana poderanse degustar elaboracións de berberechos e mexillóns nos locais de hostalería de Foz

Publicada o

- Advertisement -

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho de Foz, que o Concello organiza en colaboración co IES de Foz.

O programa deste ano comeza o venres 25 de abril ás 19 horas no salón de actos do Cenima coa charla de Xesús do Breogán titulado O enigma encriptado da Virxe do Carme de Foz e o pesqueiro Jesús Nazareno; e ao rematar inaugurarase unha exposición de pintura da artista ucraína Sofía Andrushebko. Ás 20.30 horas na Casa da Cultura poderase ver a obra de teatro As alumnas, que tamén conmemorará o Día do Libro.

O sábado 26 de abril na carpa do peirao de Foz ás 12 horas será o pregón da festa a cargo do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, e a continuación haberá as actuacións musicais dos grupos folclóricos O Feitizo e A Subela e sesión vermú co dúo Primera Línea. A partir das 13:00 e ata as 17 hora poderanse degustar as elaboración de chícaros (berberechos) e mexillóns que elaborará o alumnado dos ciclos de Hostalería do IES de Foz. Este ano como novidade tamén haberá café na furgoneta do IES. E a partir das 23 horas os DJs Alejandro Martínez e Bombardero amenizarán a noite na carpa.

Durante toda a fin de semana poderanse degustar elaboracións de berberechos e mexillóns nos locais de hostalería de Foz.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, convida a “achegarse e degustar os chícaros e mexillóns en Foz e pasar un bo día coñecendo a nosa vila e as nosas tradicións, con un produto tan noso”.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...