InicioCentralFozFoz entrega diplomas aos participantes no curso de poda en fruticultura

Foz entrega diplomas aos participantes no curso de poda en fruticultura

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “a temática deste taller era a introdución á poda en fruticultura de árbores coma maceiras, arandos, kiwis, pereiras, pesegueiros, marmelos, laranxeiras, cerdeiras, figueiras, nísperos e mirabeles, froiteiras con moita presenza nas hortas de todo o concello de Foz"

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Foz vén de rematar un curso de poda en fruticultura e enxertos, moi demandado pola veciñanza de todas as parroquias do concello. Este curso, que contou con 28 participantes, deu comezo no mes de febreiro cun total de 25 horas na modalidade formativa presencial, sempre en sábados en horario de mañás, e foi impartido por unha enxeñeira agrónoma do centro formador Emergal Ensino.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “a temática deste taller era a introdución á poda en fruticultura de árbores coma maceiras, arandos, kiwis, pereiras, pesegueiros, marmelos, laranxeiras, cerdeiras, figueiras, nísperos e mirabeles, froiteiras con moita presenza nas hortas de todo o concello de Foz, tanto é así que todas estas podas foron realizadas en varias hortas das distintas parroquias que os propios alumnos participantes cederon para realizar estas prácticas”.

“Como resultado da asistencia e remate do curso, dada a participación dos alumnos e alumnas, fíxoselles entrega dun diploma acreditativo”, indica Ana Rojo, que participou no acto xunto ao alcalde de Foz, Fran Cajoto.

A concelleira de Servizos Sociais engade que “dada a boa participación e a aceptación dos 28 alumnos participantes, hai o compromiso do Concello de Foz de seguir organizando actividades dedicadas ó coidado das hortas no medio rural. A próxima tempada poñeremos en marcha outro obradoiro, encamiñado a unha agricultura con procesos naturais evitando o uso de produtos químicos, buscando unha agricultura máis natural, máis sa, que respecta o medio ambiente e libre de substancias químicas”.

Por outra parte Ana Rojo explica: “seguimos co resto de actividades en case todas as parroquias e no propio casco urbano de cursos que se están a impartir dende comezos de novembro de pilates, bolillos, memoria, cociña con aproveitamento dos recursos da natureza da zona e gastronomía local, etcétera. Son iniciativas do noso Concello que xorden para impulsar e promover a participación cidadá e que se reforcen os arraigamentos con actividades que revertan sobre a poboación e vaian encamiñadas ó reforzo individual e á mellora da sociabilidade cara a un mellor benestar dos nosos veciños e veciñas, sobre todo dos nosos maiores”.

“Agradecemos dende o Concello, un ano máis, a cesión das instalacións do Club Náutico para impartir o curso de cociña e aproveitamento dos recursos da zona, que se está a dar nestes meses. Así mesmo agradecemos ó grupo Gadisa a doazón de vales gratuítos para mercar alimentos que se elaboran en cada menú deste obradoiro”, comenta a concelleira de Servizos Sociais, que ademais anuncia: “seguiremos promovendo, impulsando e promocionando estas actividades encamiñadas á participación dos nosos veciños e veciñas e que revertan sobre todo na poboación dos máis maiores”.

ÚLTIMAS

A exconcelleira de Igualdade de Viveiro dimite e renuncia á súa acta como edila

A exconcejal de Igualdade en Viveiro, Lara Fernández-Noriega, decidiu presentar a súa dimisión e...

Cervo Concilia para esta Semana Santa

O Concello de Cervo puxo en marcha unha nova edición de Cervo Concilia nesta...

Burela acollerá o XV Encontro de Palilleiras o 17 de maio

O Concello de Burela, en colaboración coa asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras...

Récord de participación na Carreira das Praias en Barreiros

O circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros segue a medrar e a consolidarse como un...