InicioCentralFoz'Fóra Stocks', o comercio na ría organizado por ACIAFozCCA en abril

‘Fóra Stocks’, o comercio na ría organizado por ACIAFozCCA en abril

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a aproveitar esta nova edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks: “é unha oportunidade única para mercar artigos de tempada a prezos moi interesantes o vindeiro mércores, o Xoves Santo e o sábado"

Publicada o

- Advertisement -

Trinta e tres negocios participarán os días 16, 17 e 19 de abril nunha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Durante as xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais adheridos a esta campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.

Nesta nova edición de Fóra Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a aproveitar esta nova edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks: “é unha oportunidade única para mercar artigos de tempada a prezos moi interesantes o vindeiro mércores, o Xoves Santo e o sábado. Esta é unha campaña tradicional que facemos tanto en Semana Santa como no verán en Foz, que ten moi ba acollida entre a clientela e entre os negocios asociados”.

AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz. Na presentación participaron o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o alcalde, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón en Ribadeo para o 22 de xuño

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting...