InicioCentralFozFoz solicita á Demarcación de Estradas do Estado un enlace no Carme...

Foz solicita á Demarcación de Estradas do Estado un enlace no Carme á A-74

En palabras do alcalde, Fran Cajoto: “Agradecemos o esforzo e a inversión que está a facer nos últimos anos o Ministerio de Transportes en Foz. Rematouse a rotonda da Gralleira - Ribela sobre a nacional N-642 e nun breve prazo comezarán as obras para a execución dunha nova rotonda en Cangas, neste caso na intersección coa estrada LU-162 a Ferreira"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz presentou no día de hoxe, mércores, alegacións ao proxecto de trazado O Carme – Barreiros da futura autovía da Mariña A-74. En palabras do alcalde, Fran Cajoto: “Agradecemos o esforzo e a inversión que está a facer nos últimos anos o Ministerio de Transportes en Foz. Rematouse a rotonda da Gralleira – Ribela sobre a nacional N-642 e nun breve prazo comezarán as obras para a execución dunha nova rotonda en Cangas, neste caso na intersección coa estrada LU-162 a Ferreira. Queremos que a autovía da Mariña se execute canto antes e estamos conformes co trazado proposto. Neste caso, vimos de presentar alegacións que, sen alterar o deseño da autovía, mellorarían distintos aspectos”.

Unha das principais alegacións refírese ao enlace de O Carme, sobre a estrada LU-152 a Ferreira. “Demandamos á Demarcación de Estradas que transforme o semienlace de O Carme proxectado nun enlace completo, para permitir que veciñas e veciños de Santo Acisclo, Santa Cilla, San Martiño e Vilaronte poidan utilizar esta entrada para desprazarse ata Burela e non só cara a Ribadeo. Hai moitos desprazamentos diarios a Alcoa, que é o gran centro de emprego da comarca, ou ao Hospital da Mariña. Sabemos que a inversión será máis alta pero é unha demanda xusta e necesaria. De non poder incluírse o cambio de deseño neste proxecto, podería engadirse no proxecto construtivo ou a través dun modificado de obra. Non só os veciños, a basílica como punto turístico ou empresas da zona sairían moi beneficiadas con esta mellora”, explica Fran Cajoto.

Outras alegacións refírense á accesibilidade ao camiño da Balsa e á área recreativa do Carme desde a LU-152 en San Martiño, ao tránsito peonil no entorno do enlace de O Carme, así como á mellora da sección e afirmado dalgún dos camiños de servizo proxectados no documento. Tamén se pide para mellorar a permeablidade na Baesta, en Vilaronte, estudar a substitución de dous tramos de recheo por viadutos. “Preocúpanos principalmente a accesibilidade, tanto de peóns como vehículos, nas zonas de proxecto da autovía. Tamén estudamos a permeabilidade para o paso de animais, tanto de gando como salvaxes, e que a infraestrutura non constitúa unha barreira. Xa alegamos antes de acceder á Alcaldía en xaneiro do 2019 e con bos resultados, a casa das Arieiras, en San Martiño, non se ve afectada neste documento: un proxecto bo coma este, con boas achegas, aínda se pode mellorar”, indica o rexedor municipal de Foz.

O alcalde demanda da Xunta de Galicia que “mova ficha” e defina dunha vez por todas a VAC Costa Norte ao seu paso por Viveiro, “para que toda a Mariña poida estar conectada e entre dunha vez no S. XXI. A Xunta de Galicia bloqueou o proxecto de variante mentres en Viveiro houbo alcaldesa socialista. É indignante, absolutamente indignante. Agora que non teñen a quen botarlle a culpa veremos o que pasa, porque quen perde sempre son os mariñáns”.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...