InicioCentralFozACIA Foz-CCA sortea 500 euros en vales de compra para o Día...

ACIA Foz-CCA sortea 500 euros en vales de compra para o Día do Pai

Acia Foz-CCA organiza esta campaña coa colaboración de Xunta de Galicia e do Concello de Foz

Publicada o

- Advertisement -

Acia Foz-CCA sortea 500 euros en vales de compra na campaña do día do pai, que se desenvolverán do 10 ao 19 de marzo.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que “aquelas persoas que fagan as súas compras por importes superiores a 10 euros nos comercios do CCA recibirán papeletas para participar no sorteo de 500 euros en vales de compra, que realizaremos o 24 de marzo en Radio Foz. En xogo poñeremos 5 premios de 100 euros cada un deles”.

Paleo sinalou que “deste xeito queremos contribuír á fidelización da nosa clientela tamén na campaña do día do pai. No comercio de Foz van poder atopar todo o que precisan para agasallar aos papás e tamén aos Pepes e ás Pepitas”. E engadiu: “e despois toca celebralo, como se merece, na hostalería local, en familia e cos amigos”.

Acia Foz-CCA organiza esta campaña coa colaboración de Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...

Foz amplía o horario da Biblioteca Municipal ‘Salgado Toimil’

O Concello de Foz continúa mellorando os servizos culturais, neste caso da súa biblioteca...