InicioCentralFozACIA Foz-CCA entregou a cesta da campaña 'O teu café ten premio'

ACIA Foz-CCA entregou a cesta da campaña ‘O teu café ten premio’

Acia Foz-CCA organizou O teu café ten premio coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz

Publicada o

- Advertisement -

Hoxe tivo lugar a entrega da cesta sorteada por Acia Foz-CCA na campaña O teu café ten premio, que se desenvolveu do 17 ao 23 de febreiro, enmarcada no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se celebrou no IES de Foz.

A afortunada foi Fe Rodríguez Rocha, que recibiu o premio de mans do presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, de José Manuel Martínez Yáñez, encargado de CoffeeUrbanRoasters, e de Kathy Navarro, concelleira de Comercio. Trátase dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café. O sorteo tivo lugar onte en Radio Foz. No mesmo puideron participar todas as persoas que tomaron cafés entre o 17 e o 23 de febreiro nos 10 locais de hostalería focenses adheridos a esta campaña.

Acia Foz-CCA organizou O teu café ten premio coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...