InicioCentralFozDetido un veciño de Foz como presunto autor dun roubo de moedas...

Detido un veciño de Foz como presunto autor dun roubo de moedas nun bar

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Foz, de 23 anos de idade, como suposto responsable de roubar moedas e bebidas alcohólicas dun bar tras romper a porta de cristal cunha pedra.

Os feitos ocorreron a pasada madrugada nun establecemento de hostalaría da mesma localidade. Os axentes arrestaron ao mozo no momento no que tentaba abandonar o interior do local cunhas moedas e varias botellas.

O detido, ao que se lle imputa un delito de roubo con forza nas cousas, xunto coas dilixencias policiais practicadas serán postos a disposición xudicial.

FURTO NUNHA CASETA DE OBRA

Por outra banda, a Garda Civil investiga a outros dous veciños de Foz, de 63 e 58 anos, como supostos autores dun furto cometido nunha caseta de obra. Posteriormente, o obxecto subtraído apareceu á venda nunha web de segunda man.

A denuncia interpúxose o pasado 8 de febreiro, o que permitiu identificar a estes dous homes. As dilixencias policiais e as persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...

Foz asina a cesión do edificio da residencia e centro de día co Consorcio Galego

O Concello de Foz acaba de asinar hoxe, venres, a transmisión de titularidade do...