InicioCentralFozFoz concedeu este martes licenzas para vivendas unifamiliares e de parcelación

Foz concedeu este martes licenzas para vivendas unifamiliares e de parcelación

Fran Cajoto destaca que “Foz é un motor na Mariña. En calquera caso, temos xa un problema co alto prezo dos alugueiros e a falta de vivenda social"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz aprobou na Xunta de Goberno Local ordinaria deste martes licenzas para a construción de tres novas vivendas unifamiliares -en Marzán, Foz e Fazouro-, así como a rehabilitación doutra vivenda tamén en Fazouro e a ampliación dunha vivenda en Cangas. O alcalde, Fran Cajoto, explica: “estamos traballando para axilizar os trámites administrativos, sempre coa garantía de que as licenzas contan cos informes favorables tanto na parte técnica como na xurídica. Foz é dinámico e continúa medrando: no 2024 acadamos os 10.276 habitantes censados, segundo o INE, 78 máis que no 2023”. Na Xunta de Goberno concedéronse ademais catro licencias de parcelación e tres de innecesariedade de parcelación.

Fran Cajoto destaca que “Foz é un motor na Mariña. En calquera caso, temos xa un problema co alto prezo dos alugueiros e a falta de vivenda social. Por poñer un exemplo, en Foz a día de hoxe hai 73 inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda autonómico, por 43 de Ribadeo. Por iso pedimos que desde a Xunta se promovan vivendas sociais canto antes e se priorice aos concellos con máis demanda. Precisamos vivenda con prezo asequible, por iso é prioritario tamén regular as vivendas de uso turístico”.

ÚLTIMAS

Eduardo Míguez: “A frota máis grande de Celeiro é a de Gran Sol con 30 barcos”

-Cantos barcos compoñen a día de hoxe a frota de Puerto de Celeiro e...

Sanidade Pública da Mariña reclama a restauración da antiga área sanitaria

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña e varios colectivos sociais e...

O BNG reclama en Viveiro á Xunta que “fortaleza” a Sanidade Pública

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, pediu ao PPdeG que "acabe coa situación" da...

O PSdeG critica ao PP por deixar a sanidade da Mariña “case en colapso”

A secretaria de organización do PSdeG e deputada no Parlamento galego, Lara Méndez, participou...