InicioPolíticaO PP de Foz sinala que os veciños levan meses esperando as...

O PP de Foz sinala que os veciños levan meses esperando as licenzas de obra anunciadas por Cajoto

O voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira, lamenta que “o anuncio de Cajoto parécese máis a unha copla do entroido ou do ‘touporroutou’ que ao anuncio dun rexedor sobre políticas de vivenda, algo co que non se debe xogar dado que é un dos maiores problemas cos que se atopa a xente no noso país”

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular condena que os veciños de Foz levan meses esperando polas licencias de obra que anunciou Cajoto. ‘Dime de lo que presumes y te diré de lo que careces’, os populares focenses aplícanlle ese refrán ao alcalde despois de escoitalo dicir que concedeu tres ou catro licencias para vivendas unifamiliares.

O voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira, lamenta que “o anuncio de Cajoto parécese máis a unha copla do entroido ou do ‘touporroutou’ que ao anuncio dun rexedor sobre políticas de vivenda, algo co que non se debe xogar dado que é un dos maiores problemas cos que se atopa a xente no noso país”. “Polo tanto, o que debería facer é pedirlles perdón a eses veciños por tardar meses en concederlles as licencias para facer as súas casas cos seus propios cartos”, continúa Castiñeira.

Javier Castiñeira recoméndalle ao alcalde, como xa fixo fai meses, que se quere facer política en materia de vivenda, “facer as xestións oportunas co Goberno de Pedro Sánchez para que o Estado lle ceda ao Concello os solares do Sareb para promover neles, por exemplo co Instituto Galego da Vivenda e Solo, vivendas sociais para xente moza”.

Polo tanto, os populares reclaman ao goberno socialista de Foz menos anuncios ‘inútiles’ e sen interese ningún e máis xestión e política de altura para que os veciños teñan posibilidades de ter unha vivenda digna e, así, desenvolver os seus proxectos de vida en Foz.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...