InicioCentralFozACIAFozCCA sorteou 500 euros en vales de compra para a campaña de...

ACIAFozCCA sorteou 500 euros en vales de compra para a campaña de San Valentín

O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz con asistencia da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas.

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA sorteou hoxe 500 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que se desenvolveu do 1 ao 14 de febreiro.

O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz con asistencia da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas.

Os números premiados foron o 7148 (entregado en Ferretería Fuente); o 4527 (entregado en Centro Dietético Alba Vila); o 246 (entregado en Hola Ola); o 20782 (entregado en Pastelería Anduriña); e o 22368 (entregado en Librería A Rapadoira).

As persoas afortunadas deben poñerse en contacto con AciaFozCCA para solicitar os seus premios. Trátase de 5 vales de compra por importe de 100 euros cada un. “Deste xeito contribuiremos a dinamizar as compras nos negocios de Foz as vindeiras semanas”, subliña o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

AciaFozCCA agradece a colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz na campaña de San Valentín.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...