InicioCentralFozFoz convoca o primeiro concurso de carteis para conmemorar o 8M

Foz convoca o primeiro concurso de carteis para conmemorar o 8M

Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria dos seis centros educativos de Foz e busca promover a reflexión e a sensibilización sobre a igualdade de xénero

Publicada o

- Advertisement -

A Concellaría de Educación, en colaboración coa Concellaría de Muller e Igualdade do Concello de Foz, anuncia a convocatoria do primeiro concurso de carteis co obxectivo de conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria dos seis centros educativos de Foz e busca promover a reflexión e a sensibilización sobre a igualdade de xénero.

O concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, explica que “os rapaces e rapazas da nosa vila están convidados a participar creando carteis orixinais e inéditos, que reflictan toda a temática que engloba o 8 de marzo. Poderán abordar temas como a igualdade de xénero, o empoderamento feminino ou a historia do movemento feminista, entre outros”.

O prazo límite para a entrega será o martes 25 de febreiro e haberá un cartel gañador por cada etapa educativa. A entrega de premios terá lugar o 7 de marzo durante a concentración que se celebrará na praza do Concello.

A concelleira de Educación destacou a importancia de involucrar aos mozos e mozas na loita pola igualdade: “este concurso é unha oportunidade para que os nosos estudantes expresen as súas ideas e reflexións sobre un tema tan relevante como é a igualdade de xénero. Queremos que se sintan parte activa deste movemento”.Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Ana Rojo, engadiu: “a través da arte e da creatividade buscamos sensibilizar á comunidade sobre a importancia de conmemorar o Día Internacional da Muller. É fundamental que as novas xeracións se comprometan coa igualdade, o respecto e a tolerancia”.

Desde o Concello de Foz animan a todos os centros educativos e ao seu alumnado a participar nesta iniciativa que busca dar voz e visibilidade á loita pola igualdade de xénero.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...