InicioCentralFozFoz expón para consulta pública o proxecto do tramo O Carme-Barreiros da...

Foz expón para consulta pública o proxecto do tramo O Carme-Barreiros da A-74

O proxecto de autovía, con dous carrís por sentido de circulación, ten unha lonxitude de 6.360 metros e un inversión prevista de 123,65 millóns de euros para a execución das obras

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz expón para consulta pública, desde o pasado venres e durante vinte días hábiles, o proxecto de trazado O Carme – Barreiros da autovía A-74. O proxecto de autovía, con dous carrís por sentido de circulación, ten unha lonxitude de 6.360 metros e un inversión prevista de 123,65 millóns de euros para a execución das obras. O orzamento contemplado para as expropiacións deste tramo da futura autovía da Mariña é de 8,35 millóns de euros.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, ponse a disposición de todos os veciños do concello para facilitar a información que precisen: “desde o pasado venres vimos facendo copias de planimetría e fichas descritivas das fincas expropiadas a aqueles afectados que o requiriron. As fincas expropiadas corresponden principalmente aos barrios da Baesta, en Vilaronte, e o Carme, en San Martiño, así como os montes entre estas dúas zonas ata chegar ao río Masma, atravesado cun viaduto augas arriba da Finca A Goleta”.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...